Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Preséntase a candidatura do PP por Ourense ás eleccións galegas

O acto tiña lugar durante unha xunta directiva do PP ourensán no Balneario de Arnoia

O entorno do Balneario de Arnoia era o lugar escollido para a presentación da lista coa que o PP concurrirá ás vindeiras eleccións do 25 de setembro na provincia de Ourense. Está liderada pola ex delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, Mouteira. O acto contaba coas intervencións da citada cabeza de lista, de Manuel Baltar, presidente provincial do PPOU e de Alberto Núñez Feijoó, presidente do PPdeG.

Durante a presentación Feijóo sinalaba que, mentres hai outras formacións que teñen como máxima ambición ser a segunda forza política ou que aspiran a non desaparecer, “a ambición do PPdeG é seguir mellorando Galicia” e, por iso, teñen que traballar “coa máxima enerxía nas próximas semanas para que a comunidade non perda a súa e non deixe de avanzar”. O candidato popular aseguraba que “non me presento ás eleccións negando o que entre todos logramos en Galicia senón afirmando o que nos queda por facer”, aseverou namentres indicaba que a autocrítica e o inconformismo do seu partido estará no seu programa electoral, “nun proxecto para que os próximos catro anos Galicia siga mellorando con maior intensidade”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Lista do PP por Ourense ás eleccións galegas:

1-. Marisol Diaz Mouteira
2-. Miguel Santalices Vieira
3-. José Luis González Vázquez
4-. Antonio Rodríguez Miranda
5-. Cristina Romero Fernández
6-. Marta Novo Iglesias
7-. Cesar Manuel Fernández Gil
8-. Moisés Blanco Paradelo
9-. Marta Rodríguez-Vispo
10-. Antonio Mouriño Villar
11-. Carlos Gómez Salgado
12-. Jackeline Fernández Macías
13-. Marta Pena Fraga
14-. José Antonio Parente

Suplentes:
1-. Manuel Ángel Fernández Quintas
2-. Roberto Bermúdez Piedra
3-. Ana María Oliveira Ferreira
4-. Ana Patricia Torres Madureira
5-. María Gabriela Doallo López

Máis información e fotos:
https://osil.info/os-populares-oriente-ourensan-tamen-en-arnoia/

Artigos relacionados

Back to top button