ConcellosÚltima hora

Preséntase en Maside o XXXI Volume de “Ágora do Orcellón”

Esta nova edición sae coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e presentouse no marco dunha asemblea xeral extraordinaria do Instituto de Estudos Carballiñenses

 

Na presentación estivo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe, 4 de marzo, no acto de presentación do XXXVI volume da revista “Ágora do Orcellón”, que edita o Instituto de Estudios Carballiñeses coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.

O XXXI volume de “Ágora do Orcellón” ofrece dous estudos amplo relacionados coa economía do concello ourensán de Maside, o primeiro deles centrado no reloxo da igrexa de Dacón ( ‘Os reloxos mecánicos de torre de carácter relixioso da comarca do Carballiño: igrexas de Dacón (Maside), O Campo (O Irixo) e Punxín’, da autoría de Estanislao Fernández de la Cigoña- Núñez) e o segundo nos tratantes masidaos, nomeadamente na parroquia de Garabás (‘De Garabás a Maside: Os tratantes, chaláns ou corredores de gando’, da autoría de Xosé Ricardo Rodríguez Pérez), ambos os dous na sección Orcellón.

Conta, ademais, cunha presentación a cargo de Avelino Muleiro e colaboracións de Mario A. Bunge (‘Novo Prólogo 2015 á Socioloxía da ciencia’), Luz Marina Barreto (‘As razóns morais ou en defensa do universalismo moral’), Manuel Alonso Macías (‘Manuela. Unha extraordinaria muller na Comarca do Carballiño dos anos vinte a trinta do pasado século XX’), Xoán Manuel Valcárcel Obelleiro (‘Debesa de Balvoa’) e Miguel Álvarez Soaje (‘Estudo da composición de botamen farmacéutico conservado no mosteiro de Santa María A Real de Oseira, Ourense’).

Back to top button