OurenseÚltima hora

Preséntase en Ourense unha guía para familias con menores con enfermidade renal crónica

Acto de presentación da guía.

 

A Aula Cabaleiro Goás do Hospital de Ourense acollía na mañá do 31 de outubro a presentación dunha guía para familias con menores con enfermidade renal crónica. Nesta acto participaba o xerente da EOXl de Ourense, Félix Rubial, e a vicepresidenta da Federación ALCER Galicia, Mª Teresa Pereira, que destacaron a importancia dunha atención integral ás familias e aos menores con enfermidade renal crónica (ERC) de Galicia.

A guía, que foi elaborada coa colaboración do laboratorio Otsuka, “pretende ser unha ferramenta para achegar ás familias a todo o proceso de enfermidade renal crónica e unha porta de entrada a unha atención integral, que incluirá específicamente a atención social como parte fundamental do coidado e do mantemento do proxecto de vida dos e das menores afectadas”, segundo os seus promotores.

Na presentación indicouse, por parte da doutora Gil, pediatra nefrolóxica do CHUO, que na actualidade están en seguimento especializado 5 menores e que é de suma importancia realizar un seguimento de todos aqueles menores que padecen enfermidades crónicas que nun futuro conlevarán unha insuficiencia renal, aínda que nestes momentos non teñan unha disminución da súa función renal. Neste sentido, tanto ela como o doutor Otero, xefe do servizo de Nefroloxía e o xerente da EOXI sinalaron a poliquistose renal, que ten unha incidencia moi destacable en cuanto a enfermidades hereditarias en Galicia.

Por outra banda dende o servizo de Traballo Social destacouse que o diagnóstico dunha enfermidade crónica conleva un cambio e un desequilibrio que é necesario atender e que afecta a tódalas áreas da vida familiar e á contorna social das crianzas.

Finalmente, a vicepresidenta de ALCER lanzou unha mensaxe de esperanza ás familias, pedindo que se consiga manter a ilusión nos menores con ERC, que poidan ser nenos e disfrutar do xogo e da vida con normalidade.

Artigos relacionados

Back to top button