EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase en Trives a ILP en defensa do bosque autóctono e contra os incendios

Este venres 20 de abril a partires das 20h. presentarase en Trives a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais. Esta charla será impartida no Bar Troula desta localidade por representantes da CIG, por un membro promotor da ILP dentro da Alianza por un rural galego vivo, e de Cousa de Raíces.

Tamén se proxectará o documental sobre a traxedia dos lumes do pasado 15 de outubro “As neves zona 0″ de Adrián González”, exporase “a problemática que supón a eucaliptización en Galicia e os monocultivos forestais”, segundo os organizadores. O formato será de charla coloquio sobre as alternativas na comarca para evitar o abandono do rural e a sobreexplotación dos recursos naturais.

Artigos relacionados

Back to top button
Close