CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase en Verín o libro “Cruseiros e Petos” de Bruno Rúa

Imaxe cedida.

 

O xoves 27 de xaneiro, ás 20:00 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación do libro “Cruseiros e Petos” do estudoso Bruno Rúa Martínez. Esta obra e o cuarto libro da Colección Taboada Chivite de Patrimonio e está adicado a un dos elementos máis significativos da cultura popular galega: os cruceiros e os petos de ánimas, monumentos que tanto recollen elementos de tradición oral como estéticas de cultura académica, como poden ser os cruceiros de San Cibrao ou Medeiros, ou o excelente peto de A Xironda.

“Como todos os libros da colección, intenta amosar unha foto fixa do estado actual todos eses monumentos, non deixando de lado, nunca, a tradición oral en forma de lendas, ademais de facer fincapé na importancia esencial das encrucilladas dentro das costumes e crenzas populares, incluíndo a Santa Compaña ou a filiación destes monumentos singulares dentro da evolución das moi galaicas aras aos Lares Viales, os deuses protectores dos camiños e os camiñantes”, segundo informa o Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button