CulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase en Vilamartín o novo libro de David Vázquez

“Siempre en agosto” é o título da última novela do escritor natural de Arcos

En “Siempre en agosto”, nárranse as experiencias dun xove médico rural, encerrado nunha cárcere de México na que cumpre condena, compartindo celda cun home moito maior ca el co que entabla unha forte amizade. Trátase do último libro de David Daniel Vázquez Álvarez, natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) e profesor no CEIP Condesa de Fenosa do Barco, onde dá clases ao tempo que escribe.

Autor de numerosas novelas e contos infantís, no seu currículum literario hai obras como “Ninguén nace antetempo”, “Améndoas e flores silvestres”, “Na Solaina”, “Orballo da mañá” ou “Cartas desde prisión”. O último, “Siempre en agosto” (o primeiro escrito en castelán) era presentado na tarde do 9 de decembro no salón de actos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín (onde tamén deu clase), coa intervención da directora do centro, Ángeles Trincado e do propio autor.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button