CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase na Casa da Cultura vianesa o ‘Cuaderno de Viana’ de Jesús García

 

Na tarde do venres 12 de agosto, dentro da programación do verán cultural en Viana do Bolo, presentábase na Casa da Cultura o libro do vianés Jesús García ‘Cuaderno de Viana’. Foi nun acto que contou coa presenza do alcalde de Viana, Andrés Montesinos e do historiador e etnógrafo Juan Antonio Pinza (un dos colaboradores cos que contou para a publicación do libro) que tralas súas intervencións acompañaron ao resto do público mentres o autor debullaba o contido da obra acompañado por unha proxección audiovisual.

O volume reúne un total de 75 historias e lendas de diferentes etapas históricas da zona de Viana do Bolo e concellos próximos. Trátase dun traballo de 570 páxinas en cor e en branco e negro, con 832 fotografías e ilustracións, 75 capítulos de diverso contido histórico, cultural, de personaxes e sucesos do século XIX e XX da comarca. Contou cun equipo de 72 informantes vianeses que facilitaron ao autor información e fotografías, moitas delas inéditas, que se expoñen por primeira vez.

 

O vianés Jesús García na presentación do seu ‘Cuaderno de Viana’.

 

Con esta presentación Jesús García reencontrábase coa súa vila natal coa que, malia vivir en León, mantén un forte vínculo, sentindo a cercanía “con moitos entusiastas do libro”, di, recoñecendo satisfeito que  moitas persoas levaron varios exemplares para outros familiares.

Fotos: José Luis Ortiz.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button