CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase na Rúa o libro “Mandalas de cristal y poemas”

A obra de Asunción Arias e Modesta García está editada por A Pena D’Agua

En torno ao ano 2011 Modesta García e Asunción Arias iniciaban un experimento a distancia. Durante un ano, a primeira enviaba cada mes un mandala  (representacións simbólicas espirituais e rituais utilizadas no budismo e  no hinduismo) dende Madrid á segunda, residente en Fontei (A Rúa) que escribía un poema sobre o que lle inspiraba cada un. Sen a pretensión de ser publicado nin lido por ninguén, Asunción Arias escribía dende o corazón e despois de varios anos e moitos mandalas elaborados con cristais e pedras preciosas, ámbalas dúas decidían finalmente compartir a experiencia co mundo.

Así nacía “Mandalas de cristal y poemas” un libro editado por A Pena D’Agua a partires das ilustracións de Modesta e as poesías de Asunción, no que se expón como inflúen os mandalas en cada persoa. O da portada, feito con cuarzo, reflicte o significado do libro e fala de integración do aspecto feminino e masculino de cada persoa e tamén do ente inferior (personalidade) e o superior (espítitu); e tamén do equilibro entre as emocións e a mente.

A presentación desta obra tiña lugar en Fontei (A Rúa), na tarde do 13 de xuño, en plenas festas de San Antón. Malia que nun principio estaba previsto facela na carpa instalada do adro da igrexa, finalmente tiña lugar na Casa Parroquial. O acto contou coa asistencia das autoras, Asun e Sulma; da encargada do deseño e da maquetación, Asun Adá; do profesor Federico Priteo; e do veciño da Casa Grande de Fontei, José Antonio Casanova.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button