Arredor do viñedo e da viticultura xira o primeiro documental da ruesa Ana Domínguez Díaz, Os Fillos da Vide. É o relato da terra da que agroma a uva, pero tamén das vivencias das xeracións de valdeorreses que a teñen ido mimando e colleitando. Unha forma de vida ligada á vide hoxe perdida, pero que Domínguez trata de rescatar neste traballo, cuxa preestrea (working progress) terá lugar o 23 de decembro ás 20:30h. no Centro Cultural Avenida da Rúa, con entrada gratuita.
Este filme, cuxa rodaxe concluía no verán do 2013 na Rúa, é un proxecto moi persoal, que Ana Domínguez ten ido modelando ao longo de nove anos e que agora quere compartir coas persoas do lugar onde foi rodado e que se convertiron nas súas protagonistas.
Máis información na edición en papel do Especial Nadal do Periódico O Sil.