Publicidade
ConcellosÚltima hora

Preséntase no Barco a ILP na defensa do bosque autóctono e contra os incendios

Este xoves 26 de abril a partires das 19h. presentarase no Barco de Valdeorras a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) na defensa do bosque autóctono e contra os incendios forestais. Esta charla, que terá lugar no salón de actos do edificio multiusos desta localidade, estará organizada pola Alianza por un rural galego vivo, promotora da ILP xunto con Cousa de Raíces.

“Contaremos coa participación do compañeiro “Sanquei” bombeiro forestal e delegado da CIG e de Cousa de raíces. Imos presentar a ILP e reproducir o video documental “AS NEVES ZONA 0″ e logo un charla coloquio sobre a inflamabilidade do eucalipto e os efectos da reforestación de terras agrarias, alternativas na comarca…e presentacion video ILP campaña”, tal e como se adianta dende a CIG Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close