ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase no Barco a novela do policía local Fernando Hernández

“Juguetes de lo desconocido” é un libro policíaco ambientado en lugares como a Ribeira Sacra

Non foi unha presentación ao uso. Coma se dunha entrevista se tratase, na tarde do 13 de xaneiro a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta e o autor, Fernando Hernández, ían sacando á luz os segredos que agocha a publicación de “Juguetes de lo desconocido”, unha novela policíaca que vía a luz hai só uns días.

Tal como aseguraron na presentación-entrevista, Fernando Hernández (natural de Monforte de Lemos e membro da Policía Local do Barco de Valdeorras dende hai vinte anos) nunca antes escribira nada “aparte dos informes”, dixo entre risas, pero sempre tivo o desexo de “crear unha historia”, así que un día púxose “e debeu ser un bo día porque cando levaba xa unhas páxinas escritas vin que o resultado era bastante bo e podía chegar a fiar, mellor ou peor, unha historia”, asegurou.

Así nace este relato ficticio de intriga, ambientada en lugares como a Ribeira Sacra, Ourense, Monforte, A Coruña ou Santiago, con dous protagonistas: Juan Coroso, o policía (profesión que comparte co autor) e Faustino García, que encarna as peores perversións humanas, cuxos camiños se entrecruzarán posicionándoos en lados opostos dun “extraño e perigoso xogo” que supón o nexo da novela de máis de 400 páxinas editada por “mundopalabras”.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button