Preséntase o “Arroz Valdeorras” á prensa da Coruña

Dentro da celebración das XORNADAS VALDEORRAS NA CORUÑA o 15 de maio tiña lugar un xantar para presentar aos medios de comunicación desta cidade o “Arroz Valdeorras” (arroz con androllas, que foi un enorme éxito) que vai formar parte da cea maridada do próximo xoves 17, e máis dos viños Avancia, que organizou esta adega ca Taberna O Secreto. A este acto asistiron Nacho Álvarez e Juan Antonio Alameda, enólogo e director comercial do Grupo Jorge Ordóñez, Alejandro Paadín, de Servino e Xurxo Rivas.

 

 

Os representantes dos medios de comunicación foron convocados por Pepe Lorenzo, responsable do departamento de comunicación de Servino, e asistiron representantes de La Opinión, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Onda Cero e o experto bloguer gastronómico Federico Poncet.

A tertulia foi desenvolvida nun ambiente moi propio da súa naturareza, e servíu para que fora máis coñecida a gastronomía de Valdeorras, os seu viños, as súas variedades e a súa elaboración cos comentarios técnicos que se intercambiaron entre expertos e comunicadores.

Texto e fotos: José Ángel Rodríguez Delgado.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies