EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Preséntase o cartel da XII Feira do Viño de Monterrei

Imaxe da presentación do cartel anunciador da vindeira Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará en agosto.

Alfredo León Mañú é o autor da imaxe escollida para o cartel anunciador da XII Feira do Viño de Monterrei, que se celebrará na fin de semana do 11 ao 13 de agosto en Verín. Ao certame, convocado polo Consello Regulador da D.O. Monterrei, concurrían un total de 20 traballos.

O autor da obra ganadora, presentada baixo o lema ‘Copa y botella’, é un artista autodidacta, deseñador gráfico e de páxinas web, que reside na localidade de Aoiz-Agoitz (Navarra). Ten participado en decenas de concursos de deseño de carteis, vencendo en moitos deles como o de Jazzaldi 2015, Andema 2015, Arquisocial 2016, Carnaval de Nerja 2017 ou o de Aste Nagusia de San Sebastián 2017, entre outros.

O xurado deste concurso estivo formado por Concepción Paradela, vogal e representante do Consello Regulador da D.O Monterrei; Purificación Caldelas, concelleira de Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica e Sergio Crespo, experto en fotografía.

Artigos relacionados

Back to top button
Close