CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Preséntase o cartel da XXII edición do Filandón de Músicas do Courel

A actividade terá lugar o vindeiro domingo 4 de agosto, na Ferrería de Seoane

O cartel de actividades da XXII edición do Filandón de Músicas do Courel foi presentado hoxe, 31 de agosto, polo dirixente da asocación promotora do evento, Xosé Lois Foxo, e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. Aínda que foi presentada en Lugo, esta actividade terá lugar o vindeiro domingo 4 de agosto na Ferrería de Seoane.

 

Na presentación en Lugo.

 

Entre as principais novidades desta edición está o peche musical a cargo da cantante lucense Lucía Pérez e o nomeamento como primeira raíña do Filandón á colaboradora Maria Balboa Santín, que cada ano se achega desde Quintela d´Oencia, así como a homenaxe á cantareira, Rosario García, recentemente falecida.

Así, a partires das 17:30 horas do domingo, actuarán un centenar de artistas populares: cantores, brindeiros, coplas de cego, poetas, gaiteiros, chegados desde todos os puntos da xeografía galega e incluso doutras comunidades autónomas, como é o caso da agrupación A Cova da Serpe que vén desde Barcelona.

Esta décimo segunda edición do Filandón complementarase con outras actividades, como son a presentación do disco Romances Novos e Vellos de Marco Foxo e do Cancioneiro da Seitura de Manzaneda de Terras de Trives. Ademais, en paralelo cos actos da festa, celebrarase misa, un xantar tradicional baseado principalmente no freixó, e diversas exposicións bibliográficas, discográficas e de instrumentos tradicionais.

Artigos relacionados

Back to top button