EconomíaViticultura

Preséntase o estudo sobre viños doces

Os resultados dábanse a coñecer en xaneiro na sede do CRDO Valdeorras
Asistentes á presentación do estudo.
Asistentes á presentación do estudo.

En canto á pasificación da uva, “non deben sobrepasarse os 60 días para que conserve todo o potencial fenólico e de cor”. No que respecta aos viños, “o doce apenas cambia en canto a perfil fenólico, polo que non sería necesario envellecelo, pola contra a un licoroso si que lle aportaría máis aromas, máis cor e máis potencial fenólico que a un viño naturalmente doce”. Estas son as conclusións do estudo sobre os viños doces de Valdeorras elaborado pola Universidade de Vigo-Campus Ourense.

María Figueiredo e Mariana González, autoras do estudo resultado das súas teses doutorais, achegábanse a finais de xaneiro ata a sede do Consello Regulador da D.D. Valdeorras, para presentar aos adegueiros este proxecto que se centra principalmente na pasificación e elaboración do viño tostado e tamén dun viño licoroso, como alternativa máis económica e de elaboración máis sinxela.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button