OurenseÚltima hora

Preséntase en Ourense o I Congreso Internacional da Auga

O simposio celebrarase o 23 e 24 de setembro como un foro multidisciplinar centrado en aspectos termais e de benestar
Presentación do I Congreso Internacional da Auga.
Presentación do I Congreso Internacional da Auga.

A Vicerreitoría do Campus de Ourense acollía na mañá do 13 de xullo, a presentación do I Congrerso Internacional da Auga que terá lugar en setembro no marco da feira internacional Termatalia.

No acto, a concelleira de Turismo e Termalismo, Isabel Castelo Villanueva, representou ao Concello de Ourense que participa na organización do Congreso, (coas áreas de Termalismo e Educación), completando a nómina de colaboradores a Deputación Provincial e Expourense.

Ourense recibe este simposio que se desenvolverá o 23 e 24 de setembro co alcume de Capital Termal, e pretende “vencellar a súa celebración á suma de sinerxias entre institucións públicas e empresas privadas, ligadas neste caso ao encontro da feira Termatalia” din dende o Concello. Neste sentido, a concelleira confiou no potencial investigador da Universidade e animou aos participantes a que sigan traballando, logo da súa celebración, “para conseguir os máis altos estándares de calidade de vida que nos ofreza o termalismo, especialmente en Ourense”.

A achega económica do Concello de Ourense é de 6.000 euros e será ademais o protagonista en dúas das 80 comunicacións científicas do simposio: “Monitorización do xacemento termal de Ourense por medio de pezómetros de control” e “Emprego das tecnoloxías da información para xerar unha ferramenta de base lóxica e con alto poder de síntese que contribúe á xestión do xacemento termal da cidade de Ourense”.

Ademais participarán activamente no congreso expertos de países como Brasil, Arxentina, Portugal, Italia ou Estados Unidos.

Artigos relacionados

Back to top button