CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o libro “A historia de Verín en 100 obxectos”

Pretende contar a identidade cultural da comarca de Monterrei

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, cun exemplar do libro.

 

O Concello de Verín presenta a obra “A historia de Verín en 100 obxectos”, cuxo obxectivo é o de contar, dunha maneira diferente, a longa historia común e as particularidades dos oito concellos que forman a comarca de Monterrei a través de 100 obxectos que definen a súa identidade cultural.

Esta iniciativa provén da “A history of the world in 100 objects” do British Museum. Un cento de pezas mobles que explican diferentes aspectos e que aparecen moi ben explicadas por Alberte Reboreda Carreira e Nieves Amado Rolán, autores do libro e perfectos coñecedores da comarca de Monterrei e da súa capitalidade

Poderáse adquirir a partir da vindeira semana, no Museo Claustro Mercedario ou na Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button