CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase o libro “Herederas de la memoria” en Quereño

Trátase dunha obra de relatos escrita por José Núñez e recolle unha serie de historias relacionadas con esta localidade de Rubiá

José Núñez López escollía a Casa da Cultura de Quereño para presentar o seu libro “Herederas de la memoria”, un feixe de relatos nos que rescata personaxes, lugares e historias da súa nenez nesta localidade do municipio de Rubiá. O acto, que tiña lugar o 15 de agosto, contaba coa presencia de Antonio Castro Voces que facía unha reseña da obra e de cada unha das súas historias.

De seguido, tomaba a palabra José Núñez quen daba paso a un extenso catálogo de agradecementos. Nel figuraba a Asociación Aluveire de Quereño e tamén Antonio Castro Voces, “o meu mentor e amigo, quen me animou a publicar o libro, que dixo que era unha especie de crónicas de entreguerra”.

Ademais ao longo da xornada do 15 de agosto a Casa da Cultura acollía unha mostra de pintura con 16 cadros de Isabel Mallo, en boa parte dos cales se se recollían esceas do traballo tradicional da sega. Noutros a autora centraba a súa mirada nas flores.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button