DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Preséntase o plantel do CD Barco

Será ás 23h. do venres 12 de agosto no Veira Sil, seguida dun concerto de Clon Bois

A terraza da Cafetería Veira Sil, na praza Maior do Barco, acollerá na noite do 12 de agosto a presentación do plantel do CD Barco 2016/17. O acto, que comezará ás 23h., incluirá o sorteo dun carné de socio, unha camiseta, unha bufanda e de estuches de viño de Pagos de Galir. De seguido, en torno ás doce da noite, terá lugar un concerto do grupo valdeorrés Clon Bois.

Nesta galería de fotos pode verse a terraza do Veira Sil, así como diversas imaxes da presentación ante os medios do novo plantel do CD Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button