CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o programa da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

Comezará o vindeiro xoves 2 de xullo co espectáculo "Electra nun enxame de moscas"

A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) xa ten programa. Terá lugar entre os días 2 e 15 de xullo entre o Teatro Principal e a praza da nova biblioteca. As entradas estarán á venda dende o primeiro día na billeteira do Teatro Principal, xa que haberá aforo.

 

Cartel da actividade.

 

Así, esta mostra comezará cos espectáculos “Electra nun enxame de moscas”, “Un paraguas japonés”, “Os mellores monólogos” e “Summer evening”, os días 2, 3, 4 e 5 de xullo, respectivamente, no Teatro Principal.

A praza da nova biblioteca acollerá os días 6 e 7, respectivamente, os espectáculos “La coquette” e “Etxea”. Mentres que os días 8, 9, 10 e 11, o emprazamento de “Bacanal”, “Encontro de danza doutras, “África en el corazón (El percusionista)” e “Pobre Janucá de fiesta y luz”, será o Teatro Principal.

 

Programa.

 

Os catro últimos días tamén se desenvolverán no escenario do Teatro Principal, e os espectáculos serán “Mati e os superpoderes”, “Morder-te o coraçao”, “Imperator” e “Quince minutos”.

Artigos relacionados

Back to top button