CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o proxecto audiovisual “La Plantación”

Pulo á creatividade nos ámbitos da imaxe, a literatura e o pensamento mediante obradoiros
Presentación do proxecto audiovisual.
Presentación do proxecto audiovisual.

O proxecto audiovisual “La Plantación”, é unha iniciativa promovida pola especialista en audiovisuais Elisa Pereira que ten como obxectivo “impulsar a creatividade e a formación nos ámbitos da imaxe, a literatura e o pensamento”, a través de obradoiros que contarán coa presenza de destacados expertos.

O programa vaise desenvolver en formato de obradoiros formativos curtos e longos que pretenden afondar nas temáticas que abranguen a creatividade dende diferentes puntos de vista, como poden ser a filosofía, as letras, a psicoloxía e a imaxe. Así o explicaba Elisa Pereira na presentación á que tamén asistiron o director do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Francisco González; o asesor de Cultura da Deputación, César Fernández, e os propietarios da “Casa dos Muros”, o establecemento onde se van a impartir algúns dos obradoiros, situado en Ferreira de Pantón.

O proxecto arrancará os días 24 e 25 de outubro cun obradoiro de “Fotografía documental”, impartido por Jon Cazenave no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. No mes de novembro, os días 21 e 22, desenvolverase o obradoiro de vídeo sobre “Materialización da imaxe”, a cargo de Lois Patiño. E xa no mes de decembro, os días 12, 13 e 14, terá lugar un obradoiro de cinema sobre “Representación da realidade”, impartido polo cineasta José Luis Guerín.

Artigos relacionados

Back to top button