EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase o proxecto do Plan Hidrolóxico da demarcación do Miño-Sil para o período 2022-2027

Na encontro realizado virtualmente describiuse o contido do proxecto de PHM-S do terciro ciclo dentro do proceso de Participación Pública, que permite á cidadanía trasladar observacións o propostas

José Antonio Quiroga e Carlos Guillermo Ruiz del Porta.

 

Na xornada deste mércores 14 de xullo, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil realizou a presentación (de forma virtual) da proposta de proxecto de Plan Hidrolóxico da parte española da demarcación hidrográfica do Miño-Sil para o ciclo de planificación hidrolóxica 2022-2027.

Durante este acto o Presidente do Organismo de conca, José Antonio Quiroga e o Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica, Carlos Guillermo Ruiz do Porta, debullaron o contido do proxecto de PHM- S do terceiro ciclo, dentro do proceso de Participación Pública que está a permitir a toda a cidadanía trasladar observacións e suxerencias a estes documentos.

“O proxecto de Plan Hidrolóxico define e desenvolve as actuacións e medidas máis adecuadas para dar resposta aos problemas ambientais e socioeconómicos identificados, é dicir, establece e detalla as actuacións para acometer na demarcación para afrontar retos como o cambio climático, problemas de contaminación da auga, deterioración hidromorfológico, presenza de invasoras, ou para mellorar o réxime de caudais ecolóxicos, a xestión de inundacións e sequias,…“ explicou o presidente, no acto.

Segundo a Confederación, a característica máis importante deste novo Plan céntrase nas actuacións incluídas no Programa de Medidas (PM), como elementos clave para acadar os obxectivos ambientais do bo estado das masas de auga, antes de finalizar o ano 2027, prazo máximo conforme á Directiva Marco da auga e a lexislación nacional. “O PM recolle 339 medidas con 312,26 millóns de euros de orzamento, do cal o 66 % será financiado pola AGE ( CHMS, DGA, ACUAES); inclúense, ademais, todas as que accións que se executarán con cargo ao Fondo de Recuperación, Transformación e Resiliencia”, puntualizan, lembrando que este novo Plan Hidrolóxico “ten moi en conta os efectos do cambio climático nos recursos hídricos, xa que se, a futuro próximo, provocará unha diminución significativa dos mesmos e unha maior recorrencia de fenómenos extremos como inundacións e secas”.

Na CHMS exponse a elaboración dun plan de adaptación ao cambio climático, en cumprimento da Lei de Cambio Climático. Durante a xornada destacouse que a coordinación entre administracións e a participación pública son os elementos crave no proceso de planificación.

Este seminario contou con máis de 200 asistentes que, á finalización das intervencións, puideron interactuar cos relatores a través de preguntas que, na súa gran maioría, foron respondidas antes da finalización da xornada. Ademais, pódese consultar o proxecto e remitir observacións e/ou suxerencias ata o 22 de decembro na seguinte ligazón: https://www.chminosil.es/es/consulta-publica-del-proyecto-plan-hidrologico-de-cuenca- 2022-2027

Artigos relacionados

Back to top button