Concellos

Preséntase o proxecto

A nova EDAR de Ourense custará 49 millóns

Ourense-presentacion-depuradora1684
Foto: Carlos. Hervella

Resolver as deficiencias existentes no actual sistema de depuración da cidade, ao triplicar a súa capacidade de tratamento. Este é o obxectivo do proxecto da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ourense, que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente presentaba nun acto público celebrado na Subdelegación do Goberno o pasado 5 de marzo.

Esta nova EDAR, que poderá atender as necesidades de depuración de 350.000 habitantes/equivalentes, terá un custe de 49 millóns de euros, que serán financiados nun 75% polo Ministerio (a través da sociedade estatal Acuanorte e con axuda dos fondos Feder), nun 20% pola Xunta de Galicia e no 5% restante polo Concello de Ourense.

O contrato conxunto para a redacción do proxecto, execución das obras e posta en marcha foi adxudicado en decembro do pasado ano.

Texto: O Sil/Redacción Ourense

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button