CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o xurado do concurso “Valdeorras: denominación de cine”

Tivo lugar nesta mañá de 31 de agosto, no Complexo Hosteleiro Paladium (Vilamartín de Valdeorras)

O xurado do concurso de curtametraxes “Valdeorras: denominación de cine”, foi presentado nesta mañá de 31 de agosto, no Complexo Hosteleiro Paladium, situado en Vilamartín de Valdeorras.

Comezaba ás 11:00 horas, e ao acto acudían os seus membros: o director, guionista e actor, Carlos Iglesias; o actor Octavi Pujades; José Pozo e Eli Terry de Inmminet Producciones e as axencias de representación Acción de Actores e Casting Quatro.

 

 

Ademais, acudía o padriño do concurso, Christian Escuredo, a produtora Sintelobos, e de parte da D.O. Valdeorras, o presidente José Luis García Pando, o vicepresidente, Marcos Prada, e a vogal Araceli Fernández.

Dende a organización afirmaban que esta iniciativa ten como obxectivo “a dinamización da comarca de Valdeorras, para levar o cine, ou máis ben as rodaxes cinematográficas, as producións audiovisuais a sitios onde normalmente non chegan”.

 

 

Pola súa banda, Araceli Fernández recoñecía que esperaba que “as persoas que chegaron doutros lugares, descubriran e atoparan o diferente e auténtico que ten Valdeorras”.

Así, o certame clausurase mañá, domingo 1 de setembro, nun acto que terá lugar ás 12:00 horas, en Xagoaza e no que se entregarán os premios ás curtas gañadoras.

Texto: Alba Prada

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button