PolíticaÚltima hora

Presenza galega no novo comité executivo nacional popular de Pablo Casado

Pablo Casado (Palencia, 1981) é o novo presidente do PP, tras facerse con case o 60% dos votos e vencer a Soraya Sáenz de Santamaría no Congreso Extraordinario que o PP celebraba os días 20 e 21 de xullo en Madrid.

No seu discurso de presentación da candidatura, o novo presidente nacional avanzaba a presenza de varios galegos nos máximos órganos directivos. Así, o presidente provincial de Pontevedra, Alfonso Rueda, o seu homólogo coruñés, Diego Calvo, e a deputada ourensá no Congreso Ana Belén Vázquez formarán parte do Comité Executivo Nacional. Os tres únense ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo; á presidenta do Congreso, Ana Pastor; ao portavoz no Senado, José Manuel Barreiro; e ao presidente nacional de Novas Xeraciones, Diego Gago, todos eles membros natos deste órgano.

En canto á Xunta Directiva Nacional, Casado propuxo como membros á presidenta local do PP de Vigo, Elena Muñoz; ao seu homólogo en Santiago, Agustín Hernández; e ao secretario xeral da agrupación olívica, Javier Dorado.

“Acabou o tempo de falar do PP. Agora toca falar de conformar unha alternativa de Goberno para España”, insistiu, para sentenciar que “debemos prepararnos tamén para as vindeiras eleccións locais, autonómicas e europeas do ano que vén”, aseguraba o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez na clausura do cónclave.

Pola súa banda, o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, felicitaba en nome de todos os populares ourensáns ao novo presidente nacional da formación, Pablo Casado, “vencedor claro na votación”, nun congreso do que “o PP sae máis forte que nunca e dando todo un exemplo de democracia interna”. Baltar engadía que “hai días falaron os afiliados, agora os compromisarios e en menos dun ano falarán todos os ourensáns nas urnas cos seus votos, polo que cómpre imprimir máis intensidade ao labor previo, presentado na nosa convención dos Milagres, como sempre facemos todos aos anos, un proxecto renovado e ilusionante”.

 

Compromisarios da provincia de Ourense no congreso extraordinario do PP en Madrid.

Artigos relacionados

Back to top button