En portadaÚltima hora

Presenza ourensá entre as 176 producións que compiten polos Mestre Mateo

A partir desta publicación inicial da Academia Galega do Audiovisual comeza a primeira rolda de votacións

A  Academia Galega do Audiovisual (AGA) vén de facer pública a listaxe de participantes na XV edición dos Premios Mestre Mateo. Dela forman parte un total de 176 obras, 171 produtoras e 498 profesionais que poden ser votados polos membros da Academia, o que supón un incremento en relación as edicións anteriores dos premios.

 

O director petinés Ignacio Vilar, na presentación de “Sicixia” na Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Das 176 obras estreadas en 2016, 5 son longametraxes, 25 documentais, 10 series de televisión, 9 series web, 32 programas de televisión, 31 curtametraxes de imaxe real, 8 curtas de animación, 20 anuncios publicitarios e 36 videoclips.

 

Dous dos integrantes do grupo valdeorrés Placeres Solitarios, durante a gravación do videoclip.

Entre elas non faltan as ligadas  á provincia de Ourense e á comarca de Valdeorras, como é o caso de “Sicixia”, do director petinés Ignacio Vilar,  do videoclip do tema “Vicio oculto” do grupo valdeorrés Placeres Solitarios, ou do videoclip “Cedeira” de Guadi Galego e dirixido por Xacio Baño, vencellado familiarmente ao Barco.

 

O director Xacio Baño.

 

Entre os traballos ourensáns figura tamén “Pelerinaxes”, do director italo-galego Simone Saibene, unh longametraxe que recrea a viaxe que en 1927 realizaban Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido.

 

O director Simone Saibene, durante a rodaxe de “Pelerinaxes”./ Foto: Iván Fernández Babarro e Iago González González.

 

A partir desta publicación comeza a primeira rolda de votacións dos premios. Segundo se informa dende a Academia Galega do Audiovisual, “os académicos e académicas deben emitir os seus puntos nas vinte cinco categorías a través da plataforma de visionado e votación en liña, e así elixir aos catro finalistas que se anunciarán o vindeiro mes de febreiro e que optarán levar un Mestre Mateo”.

O listado definitivo de candidaturas pode consultarse no seguinte enlace:
https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/176-obras-buscan-un-mestre-mateo/

Artigos relacionados

Back to top button