PolíticaÚltima hora

Presenza ourensá entre a nova directiva de En Marea

Esta agrupación política anunciou a súa nova dirección no día de hoxe, 30 de xullo

A agrupación política En Marea anunciou hoxe, 30 de xullo, a renovación da súa directiva, na que se observa presenza ourensá. Este cambio céntrase nas eleccións autonómicas do 2020 e vai fixar a vista “na consolidación de En Marea como motor do espazo político progresista galego, que conta con tres acenos: o feminismo, o ecoloxismo político e a loita para a superación da precariedade laboral”.

 

Os 35 representantes.

 

Entre as 35 persoas que participan no novo Consello atópanse persoas do ámbito parlamentario e institucional, representantes de diferentes Concellos, e activistas dos momevemos sociais e do movemento veciñal galego.

Luís Villares Naveira, Ana Seijas Baranauskas, Francisco Casal Vidal, María Dolores Candedo Gunturiz, Ramón Veras Castro, Iolanda Pérez Docampo, Adrián Dios Vicente, M. Carmen González Nóvoa, Víctor Alvarez Arias, Teresa Burgo García, Xoán Losada Martínez, Ánxeles Faraldo Vallés, Javier Arca Uría, Beatriz Gómez Gómez, Xoán Lois Vila Pinel, Carmen María Fernández Ríos, Juan José Insua Insua, Estefanía Otero Rivas, Javier Rocamora, María Chao Martínez, Jorge Lorenzo Vila, Sara Valenzuela, Constantino Cordal, María del Sagrario Fernández Méndez, Xosé Manuel Sardiña, Luz Marcos Buján, Iván Rodríguez Lombardero, Paula Álvarez, Iván Olmos Ferreiro, Aura Leirós García, Francisco Manrique González Rodríguez, Maricarmen Durán, Bernardo Cuétara, Mónica Díaz Carrodeguas e Javier González Campos forman o novo Consello das Mareas.

A vicevoceira e deputada no Parlamento de Galicia en representación de En Marea Paula Vázquez Verao tamén se incorporará ao Consello en representación do Grupo Parlamentario.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close