OurenseÚltima hora

Presenza ourensá na Feira Biocultura de Madrid

Entre os expositores desta mostra, que terá lugar do 12 ao 15 de novembro en Ifema, estará a firma Souto da Trabe
Raquel e Chus, responsables de Souto da Trabe envasando e etiquetando o seu produto./ Foto cedida.
Raquel e Chus, responsables de Souto da Trabe envasando e etiquetando o seu produto./ Foto cedida.

As persoas que do 12 ao 15 de novembro visiten a 31ª edición de Biocultura, a Feira Internacional de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable, en Ifema (Madrid) poderán coñecer e desfrutar dos produtos culinarios elaborados por unha empresa familiar ourensá: castañas en almíbar, marmelada de castaña, crema de castaña con boletus ou crema de castaña con chocolate.

Así entre os máis de 700 expositores deste salón internacional estará a firma ourensá Souto da Trabe, situada no rural (A Trabe-Ourense) e especialista no cultivo de castañas e de boletus ecolóxicos. Esta empresa poñía a súa produción no mercado hai xa dous años, apostando polo selo ecolóxico. O seu produto estrela é a castaña, cultivada con mimo nunha superficie dunhas 12 hectáreas de castiñeiros centenarios autóctonos.

E, en simbiose co castiñeiro, nos soutos desta empresa ourensá tamén se producen cogomelos (Boletus edulis) que, unha vez recollidos, se envasan no seu obrador. Ademais actúan como protectores de pragas nos soutos.

Artigos relacionados

Back to top button