DeportesÚltima hora

Presenza valdeorresa entre os medallistas do Campionato Galego Master de piragüismo

Kissy Torres acadou medalla en dúas das catro probas nas que participou

 

Kissy Torres co seu club, durante o campionato.

 

O Campionato Galego Master de piragüismo, o cal tivo lugar esta pasada fin de semana, contou con presenza valdeorresa entre os seus medallistas. Kissy Torres, do Fluvial Avión-Castrelo de Miño, acadou medalla en dúas das catro probas nas que participou.

Así, quedou en terceira posición nas probas de K1-200 metros e K1-500 metros; mentres que en K2-500 e K2-200 metros, acompañada por Mónica Piñeiro, quedou quinta e séptima, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button