CulturaCulturaÚltima hora

Presenza vianesa no encontro de escritoras galegas en Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón)

Supón o punto de partida do proxecto "Os recunchos das verbas", do que forman parte autoras de Viana como Manuela Vicente e Nieves Fernández

 

O vindeiro sábado as adegas de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) acollerán un encontro literario de escritoras galegas, no que haberá presenza vianesa e no que se presentará o proxecto “Os recunchos das verbas”.  Esta iniciativa, promovida por María Vázquez, Begoña Fernández e Mar López, nace co “obxectivo de realizar encontros literarios con mulleres escritoras para, de forma itinerante, percocorrer os diferentes lugares de xeografía española, deixando as súas pegadas para os que as queiran seguir”.

O grupo, aberto a novas incorporacións, está formado por mulleres unidas por unha paixón común: A escrita. Ademais está iniaciativa terá un carácter itinerante. “Este será o primeiro encontro, logo virán máis en distintos puntos de non só de Galicia, senón tamén do resto de España .

En cada lugar abrirá o acto literario unha escritora vinculada a esa contorna xeográfica. Así, no caso de Vilachá de Salvadur a embaixadora cultural será Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2019. Outras voces literarias acompañarán á poeta no recorrido por diferentes recantos “recunchos” onde cada participante disporá dun espazo para expresar a súa creación literaria.

Entre as escritoras participantes no proxecto figuran dúas vianesas, Manuela Vicente Fernández e a poeta e pastora Nieves Fernández Vidueira (quen non poderá estar no acto do vindeiro sábado). Ademais hai autoras como Moncha Prieto, Ana Rey Gay, Puri Díaz Ferreiro, Ana Vila Portomeñe (A poeta labrega), María Luisa Pereiro (A fiandeira das Verbas), Matilde Ávila Garcia, Emilia Cereijo, Mercedes Marcos, Blanca Villar Vilariño, Visi Ferreño, presidenta de la Asociación “A Caracocha” de mulleres rurais de Montederramo, Paula Vázquez Verao de “A Libraría da Proencia”, Ana María Gamallo, Isabel Rodríguez Losada….

Este primeiro encontro será retransmitido, en directo, a través das Redes Sociais, e en Radio Monforte. O evento concluirá ás 17h. A entrada é libre e sen limitacións de aforo. Recoméndase manter as medidas de protección e o uso de máscara. Os asistente poden apuntarse ao xantar no teléfono 616 24 32 50 ata o día 27 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button