DeportesÚltima hora

O presidente do Adas dará a saída á Carreira Escolar do San Martiño en Ourense

Inclúese dentro do programa da XLI Popular San Martiño, que se desputará na mañá do 19 de novembro e contará con numerosos atletas valdeorreses
O presidente do Club Adas, Tinín González./ Foto: A.R.

Ourense será novamente punto de encontro para multitude de valdeorreses. Ás once da mañá do 19 de novembro partirá dende a Ponte do Milenio da XLI Carreira pedestre popular San Martiño 2017 na súa categoría absoluta. Neste caso o encargado de dar a saída o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco. Os corredores afrontarán un traxecto de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

E xa ás 12:30 horas, o valdeorrés Agustín González “Tinín”, presidente do Club Adas do Barco, será o responsable de dar a saída á carreira escolar. Finalmente ás 13:15h., a atleta ourensá Emilia Mesa, dará a saída á da cativada.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close