CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Presumido adianta dous temas do disco que sairá en setembro

“Necrotú y yo” e “Vendetta” forman parte do primeiro LP da banda formada polo barquense Tarci Ávila e Nacho Dafonte
Tarci Ávila e Nacho Dafonte forman Presumido.
Tarci Ávila e Nacho Dafonte forman Presumido.

En setembro de 2016 por fin verá a luz “Vendetta” o esperado traballo discográfico de Presumido, a banda de Synth Pop 2.0 formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte. Pero antes, para ir abrindo boca, os músicos avanzan dous dos temas que formarán parte dese primeiro LP: “Necrotú y yo” e “Vendetta”, cancións que forman un sólido bloque no que deixan claro o moito que se nutriron de bandas francesas, inglesas e incluso alemanas como Depeche Mode, M83, Kraftwerk… “Conducido a través dunha lírica cargada de escuridade, ironía e retranca”, puntualizan desde Presumido.

Tal como explican os propios creadores, “Necrotú y yo” será o tema encargado de abrir o disco que conterá dez cortes gravados e mesturados nos estudos Planta Sónica de Vigo, baixo a produción de Iago Lorenzo. A masterización correu a cargo de Roger Seibel nos estudos SAE Mastering, en Phoenix. Con respecto a “Vendetta” a banda decidía adiantar a versión tocada en directo, a través dun video que permite a Presumido mostrarse ao mundo como unha “banda de Synth Pop 2.0 con alto contido visual, a través de todo o traballo de proxeccións, mapping e un orixinal set de iluminación construído artesanalmente a base de focos de obra, luces de oficina e moita imaxinación”.

Enlace “Necrotú y yo”
https://www.youtube.com/watch?v=bKER0mykfnQ&list=PLS4Dxw0d_aWIcWidj2sQQBmpxHXwcgSbJ&index=1

Enlace “Vendetta” (vídeo directo dende Villa Presumida)
https://www.youtube.com/watch?v=7rRVhKcZui4&list=PLS4Dxw0d_aWIcWidj2sQQBmpxHXwcgSbJ&index=2

Artigos relacionados

Back to top button