CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Presumido continúa coa xira de presentación do seu segundo disco

O dúo formado polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte vén de publicar "Cuatro Estaciones"

Imaxe promocional de Presumido.

 

Triunfando na primeira metade da súa xira (colgando varias veces o cartel de completo), recibindo moi boas críticas e arrasando en listas de “O mellor do ano” para máis de vinte medios (con varios Top 1), remataba Presumido o 2019. Un ano no que o dúo de “electropop sibarita”  formado polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte editaba, non sen problemas, o seu segundo traballo de estudo.

Cuatro Estaciones saía publicado no mes de outubro, un ano despois de que a banda empeñase os seus instrumentos para mercar a carta de liberdade á súa antiga discográfica (e os recuperase en tan só dúas semanas a través dunha das campañas de crowdfunding máis exitosas e mediáticas dos últimos tempos).

 

Calendario da xira “Cuatro Estaciones”.

 

Este ambicioso LP autoproducido consta de 4 EPÉS titulados Invierno, Primavera, Verano e Otoño publicados en plataformas dixitais en cada estación correspondente e “colleitados” todos xuntos en formato físico en outono, época de sega, vendimima, colleita… que vén acompañado por unha xira de presentación con concertos en directo por más de 20 cidades españolas.

Despois de conquistar ao público de lugares como Madrid, Barcelona, Vigo, Zaragoza ou Ourense, nos seguintes meses actuarán en Cuenca, Murcia, León, Oviedo, Lugo, Sevilla e Valencia, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button