CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Presumido publica o seu esperado álbume “Cuatro Estaciones”

O dúo formado polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte, anuncia ademais a xira de presentación por máis de 20 cidades españolas

Tarci Ávila e Nacho Dafonte, Presumido.

 

Un ano despois de que o dúo de electropop Presumido (formado polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte), empeñase os seus instrumentos para mercar a carta de liberdade da súa antiga discográfica (recuperándoos en tan só dúas semanas a través dunha das campañas de crowdfunding máis exitosas e mediáticas dos últimos tempos), publican o seu segundo LP Cuatro Estaciones (Presumido Records / Distrokid 2019).

Este ambicioso traballo discográfico consta de 4 epés titulados Invierno, Primavera, Verano e Otoño, os tres primeiros xa publicados en plataformas dixitais en cada estación correspondente. E hoxe, 10 de outubro en pleno outono, época vendimia e colleita, Presumido fai a súa particular metáfora discográfica “colleitando” todas as estacións na publicación (física e dixital) do seu LP, anunciando ademais a xira de presentación en 20 cidades españolas (Ferrol, Ourense, Barcelona, León, Ponferrada, Zaragoza,…)

Con respecto ao contido, no disco atopamos 11 cancións de “electropop sibarita” que saltan constantemente entre “os momentos de baile e as máis profundas catacumbas do ser humano”; dous mundos que casan perfectamente a través dunhas letras cunha retranca galega en perigo de extinción, con claras influencias internacionais de M83, Foster The People, St. Vincent, Billie Eilish ou Beach House. 

 

Portada do disco Cuatro Estaciones (Presumido Records / Distrokid 2019).

 

Tracklist:
Invierno:
1. El Rey Azotado
2. La Ley del Hielo
3. Amapola Desnuda

Primavera:
4. Lágrimas de Belladona
5. A la Guillotina el Miedo
6. Soy Más Duro Que Tu Cara

Verano:
7. Soñar a la carta
8. El Rey Azotado 

Otoño:
9. Yo os Bendigo
10. Los Árboles Nunca Lloran
11. Vapórea

 

Artigos relacionados

Back to top button