CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Presumido e a súa “Vendetta” chegan mañá a Ponferrada

O dúo formado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte actuarán o 17 de febreiro na Sala La Vaca
imaxe promocional de Presumido (Tarci Ávila e Nacho Dafonte).

O 20 de xaneiro de 2017 publicábase Vendetta, o disco debut de Presumido, dúo formado polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte. E un ano despois, ese proxecto de Synth Pop 2.0 creado como unha ponte entre a música electrónica do pasado e do presente, non deixa de percorrer a xeografía de concerto en concerto, destacando como unha das bandas revelación do ano.

Con temas como Necrotú y yo, Ahógate, Caigo y me levanto ou Bla, bla, bla, a proposta baséase no pop electrónico dos anos 80, “retorcido coas máis contemporáneas e irreverentes influenzas da música electrónica actual”, aderezada nos concertos cun chamativo espectáculo de luces e efectos visuais construído artesanalmente por eles mismos. O espectáculo, que os propios Tarci e Nacho definen como “unha montaña rusa de sentimentos e emocións”, prometía facer as delicias dos amantes da música e a arte chea de matices e envolta desa retranca que transmiten dende as súas primeiras frases ata sa súa chamativa estética, e non defraudaron.

A xira de presentación levounos por un bo número de cidades de toda España e tamén por Francia e a  seguinte cita será mañá 17 de febreiro na Sala La Vaca (Calle Bilabao, 9) de Ponferrada a partires das 23h. Venda anticipada de entradas (10 euros) en https://www.ticketea.com, e en taquilla (15 euros).

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

 

Cartel do concerto de Presumido en Ponferrada.

Artigos relacionados

Back to top button