EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 1.400 persoas asisten ao xantar do Botelo no pavillón de Calabagueiros, no Barco

Empregáronse 830 kg de botelos, 1.500 chourizos, 750 kg de verdura e 500 de patacas

Con chuvia e frío amencía o sábado 19 de xaneiro no Barco de Valdeorras. Pero iso non foi impedimento para que a Festa do Botelo se desenvolvese segundo o programa previsto.

Pasadas as doce da mañá comezaba a gala do pregón no Teatro Lauro Olmo con varios protagonistas: a presentadora, Fátima N. Delgado; os músicos, Los Íñigos; a mención de honra, Fernando III; e o pregoeiro, Roberto Vilar. E xa a partires das dúas e media da tarde, eran as portas do pavillón de Calabagueiros as que abrían para acoller aos 1.350 comensais que alí se deron cita este ano.

Ademais do pregoeiro e dos homenaxeados, ao xantar oficial acudiron coma sempre alcaldes das bisbarra (da Rúa, Petín, Vilamartín,…) e mesmo o secretario xeral do PSdeG-PSOE Gonzalo Caballero. Tampouco faltaron veciños e visitantes que tiñan xa a súa entrada dende o mesmo día que se puxeron á venda. Xente de todas as idades que degustaron un menú elaborado un ano máis por Mantesil, no que se empregaron 830 kg de botelos (Embutidos García Marcos), 1.500 chourizos, 750 kg de verdura e 500 de patacas.

Ademais da comida, amenizada polos grupos que máis tarde participaron na IV Foliada e Cantos de Taberna polos bares da vila, a xente facía cola para fotografarse no photocall instalado no pavillón para a ocasión.

Pola tarde, emitíase dende o Campo da Festa do Barco o programa da TVG Aquí Galicia coas actuacións, entre outros da Banda de Música e das bailarinas da Academia Bayadère. E xa pola noitiña, os cantos de taberna poñían o broche á xornada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button