DeportesFútbolÚltima hora

Preto de 100.000 € para a reforma de instalacións deportivas en Quiroga

As melloras levaranse a cabo no campo de fútbol San Martiño e nas pistas do parque da Constitució

 

O campo de fútbol San Martiño e as pistas multideportivas do parque da Constitución, en Quiroga, van ser obxecto dunha importante reforma na que se investirán preto de 100.000 euros, 48.394 € aportados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e 48.387,90 € do Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.

Neste proxecto de mellora do campo de fútbol inclúese a remodelación da herba do campo de xogo, colocando un novo sistema de rego e replantando o céspede. Tamén se acondicionará o campo de adestramento coa colocación dunha capa de terra vexetal e a sementa de céspede. O proxecto inclúe tamén a roza e retirada de maleza e a retirada de escombros dunha cancha demolida. Ademais traballarase no peche do recinto co levantamento dun muro de bloque e a colocación dunha rede.

O inicio destas obras está previsto para estes días, polo que o equipo de fútbol Quiroga F.C. que está a piques de comezar a liga na segunda autonómica non poderá disputar ningún partido na casa polo menos ata o mes de xaneiro.

En canto ás melloras proxectadas nas pistas multideportivas do parque da Constitución, xa se realizou a roza e limpeza do talude da parte de abaixo e agora vaise substituír a malla inferior e cerrarase a pista con madeira tratada. Ademais estase traballando na posibilidade de cambiarlle o pavimento por un novo de céspede artificial.

Artigos relacionados

Back to top button