OurenseÚltima hora

Preto de 150 deportistas de toda Europa reuniranse no 14º Octopus Hockey Festival

O open internacional de veteranos desenvolverase do 6 ao 8 de setembro no campo sintético de hóckey herba en Mariñamansa, en Ourense

Alberto Estévez, Mario Guede, Rosendo Fernández, Francisco Javier Masid, Javier Valencia e Carlos Domínguez.

 

Entre o venres 6 e o domingo 8 de setembro, as instalacións de Mariñamansa, en Ourense, acollerán o 14º Octopus Hóckey Festival, o open internacional de veteranos, incluído desde o ano 2007 no Circuíto Europeo de Veteranos de hóckey herba da Federación Europea de Hóckey, que reunirá a preto de 150 deportistas de diferentes países de Europa.

Este torneo, destinado a tódolos deportistas federados e afeccionados do hóckey herba europeos na modalidade de maiores de 35 anos masculino e de 30 anos feminino, terá como anfitrión ao Club Deportivo Open. Nesta edición participarán 8 equipos masculinos e 3 femeninos procedentes de España, Portugal, Holanda e Alemaña e a competición desenvolverase en dúas liñas. Na masculina faranse dous grupos de catro equipos e na feminina será un grupo único con tres equipos que competirán entre eles.

Así o explicaban na presentación que tiña lugar na mañá do 4 de setembro no Pazo Provincial, cun acto ao que asistían o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; e o vicepresidente, secretario e vogais do Club Deportivo Open, Alberto Estévez, Javier Valencia, Francisco Javier Masid e Carlos Domínguez, respectivamente.

 

Presentación do 14º Octopus Hockey Festival, en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close