DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 150 karatekas no Trofeo do Barco 2016

O pavillón de Calabagueiros acollía a competición na modalidade de kata

Karatekas de clubs de Valdeorras, Viana do Bolo, A Pobra de Trives, Ribadavia, Maceda, Xinzo de Limia, na provincia de Ourense, e de Narón, Ponferrada, Toral de los Vados e incluso León, participaban no Trofeo de Karate O Barco 2016 que se desputaba na tarde do 13 de febreiro no pavillón de Calabagueiros.

Na competición, organizada polos clusbs River Stone e o Karate Club O Barco, competían un total de 145 deportistas, dende benxamín ata xuvenil (masculino e feminino) na modalidade de kata.

Na categoría benxamín, os primeiros premios eran para Samuel Seoane e Andrea Cotos, ámbolos dous do Karate Club Maceda; en alevín, os gañadores eran Pablo Prada do Karate Club Ponferrada e Lena Álvarez do Karate Club O Barco; en alevín B os primeiros postos eran para Israel Barjoisa e Alba Aragón do Karate Club Ponferrada; en infantil, os gañadores eran Diego Fuertes do Karate Club Ponferrada e Lucía Rodríguez do Karate Club Toral; en infantil B, os primeiros premios eran para Javier González do Karate Club Ribadavia e Cristina Garnero do Karate Club Ponferrada.

E xa nas categorías superiores, Alejando Murias do Karate Club A Rúa e Lucía Herrero do Karate Club O Barco vencían en xuvenil; mentres que Luis Martínez do Karate Club Toral e Lidia de Pedro do Club River Stone, facíano en cadete.

A clasificación completa na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button