OurenseÚltima hora

Preto de 2 millóns de euros para a remodelación integral do Pavillón dos Remedios

Xa están rematadas as obras no novo ximnasio e salas de actividades dirixidas, a ampliación do corredor e os enlucidos da piscina de 50 metros

 

As obras de remodelación do Pavillón Polideportivo dos Remedios, iniciadas o pasado 15 de novembro, “continúan a bo ritmo sen acumular practicamente ningún atraso, a pesares da situación actual”. Así o anunciaba o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asegurando que xa están rematadas as obras no novo ximnasio e salas de actividades dirixidas, a ampliación do corredor e os enlucidos da piscina de 50 metros, ademais de que as actuacións na piscina de 25 metros xa están concluídas ao 80%.

Nesta primeira fase actúase sobre a piscina de 25 metros -demolición de bancada e accesibilidade a vestiarios- e a execución dun novo ximnasio na localización do actual, cunha nova planta alta en comunicación coa planta soto. Tamén se executará unha rampla para dar acceso adaptado á cafetería da planta alta e da bancada, así como a instalación dun novo ascensor que comunique as tres plantas. Cómpre destacar outros traballos para novas instalacións de fontanería, saneamento, climatización, contraincendios e electricidade, así como o peche da antiga escaleira de acceso ao soto situada no corredor central.

Con todo, o proxecto que conta cun orzamento de 1.900.449,86 e dez meses de execución, inclúe “unha remodelación profunda, estética e funcional que actuará sobre diversos aspectos do complexo deportivo desde a entrada principal ata a pista polideportiva”, explican dende a Secretaría Xeral para o Deporte. Deste xeito levarase a cabo a renovación da fachada principal e a fachada cara á Ponte Romana; a modernización da entrada principal e todas as comunicacións á vez que se garante a accesibilidade de minusválidos a toda a instalación; o arranxo de toda a planta de soto con accesibilidade mediante un novo ascensor, a modernización de case 400 m² de vestiarios e aseos; a construción dunha nova planta de 550 m² nunha zona de ximnasio onde se aloxará unha sala nova en planta baixa de usos múltiples e, en planta primeira, unha sala de musculación e outra de actividades dirixidas, todo accesible mediante un ascensor; cambio do recubrimento de chans e paredes na piscina de 50 metros Rosario Dueñas e reordenación dos espazos da piscina de 25 metros Pedro Escudero; así como o aproveitaranse as augas termais para o atemperamento da climatización e para auga quente sanitaria.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button