DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 200 participantes na andaina e trail do Barco

A dobre cita deportiva tiña lugar na mañá do 22 de outubro

Eran os primeiros e saír e percorrían uns 14 quilómetros polas fermosas e outonais paraxes que bordean O Barco de Valdeorras. Máis de cen andarines de todas as idades, participaban na XI edición da Andaina & Trail de Outono na mañá do 22 de outubro, con saída e meta no Malecón barquense. Na galería de imaxes poden verse a algúns dos participantes nos momentos previos e durante a saída da andaina.

Media hora despois, comezaba a carreira que levou aos atletas por un duro percorrido de gran desnivel.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/jose-luis-alvarez-imponse-no-xi-trail-de-outono/

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button