OurenseÚltima hora

Preto de 30 cativos con discapacidade visitan o Parque de Bombeiros de Ourense

A excursión estivo organizada pola Fundación Neuroburgas

Potenciar a sociabilización dos nenos con danos neurolóxicos, pacientes da Fundación Neuroburgass, que polas súas diversas discapacidades non adoitan acudir ás excursións ordinarias dos seus centros escolares, foi o obxectivo da visita ao Parque de Bombeiros de Ourense programada dende a Fundación dentro do seu Programa de Ocio e Tempo Libre, na que participaban un total de 27 rapaces o luns 4 de xuño.

Segundo destacan os terapeutas da Fundación Neuroburgas, para moitos deles “só o feito de subir a un autobús, baixarse do autobús ou visitar o parque de bombeiros xa é terapia”. Todos os rapaces presentan distintos tipos de discapacidades, e o principal hándicap co que se atopan nas súas vidas diarias é a falla de interacción con outros ámbitos e persoas. Por iso, dende a Fundación consideran “todo un éxito” desenvolver actividades con eles coma a excursión.

Dos 27 rapaces que participaron na actividade, unha parte deles son pacientes habituais de Neuroburgas e outros participan no I Proxecto Socioeducativo “Convivindo coas miñas capacidades”, unha serie de programas de apoio educativo e promoción da autonomía persoal, dirixido a rapaces con daño neurolóxico de Primaria e da ESO.

Artigos relacionados

Back to top button