ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 300 persoas na VIII Ruta Jabalíes-Memorial Rosiña, na Rúa

A maioría, en torno aos 190, participaban nas probas de BTT, o resto na andaina

De Ponferrada, de Bembibre, de Monforte, de Ourense e por suposto, de Valdeorras. Son algúns dos lugares de procedencia das preto de 300 persoas que na mañá do 7 de xullo participaban na VIII Ruta Jabalíes-Memorial Rosiña, celebrada no municipio da Rúa.

Tal como estaba previsto, ás nove da mañá saían dende o Aguillón (na zona do pavillón de deportes) os participantes nalgunha das rutas de bicicleta de montaña previstas pola organización (unha longa de 55 km de percorrido con cortes a metade de camiño e outra curta de 27), e de seguido arrancaban os andarines que tiñan por diante un percorrido de 12 km que discorría pola primeira parte da ruta longa.

 

Un dos participantes na ruta BBT dos Jabalíes.

 

A partires de aí, algúns xuntos e outros de forman individual, percorrían boa parte do municipio, especialmente os participantes na ruta longa que ademais de atravesar o núcleo pola beira do río, pasaron por Vilela, Somoza e San Julián, chegando incluso ata Cereixido, Feais e Roblido. Un duro pero fermoso percorrido que o propio club se encargou de preparar, limpando e abrindo sendeiros como só eles saben facer. A ruta incluíu catro avituallamentos (tres na ruta longa con todo tipo de alimentos e bebidas, incluíndo as tradicionais frebas á grella; e 1 na curta), contando coa inestimable colaboración de Protección Civil (da Rúa e doutros concellos como Manzaneda).

Xa de regreso ao pavillón, os Jabalíes Valdeorras rendían homenaxe a Rosa Mari Diéguez “Rosiña”, ex membro do club que falecía hai case un ano nun accidente de tráfico en Chile. “Entregámoslle un detalle á familia e seguramente a partires desta edición a ruta levará o nome de Rosiña”, explica o presidente do club Santiago Pimentel. No decurso do xantar, elaborado e servido por Mantesil no pavillón, tamén entregaron unha placa aos clubs Bembibre BTT e Castelo Bike de Monforte “pola súa colaboración coa nosa ruta, incentivando aos seus socios para que participaran”, puntualiza Pimentel.

Máis fotos na seguinte ligazón: https://osil.info/boa-acollida-da-andaina-na-ruta-organizada-polo-club-jabalies-valdeorras/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button