ConcellosPereiro de AguiarÚltima hora

Preto de 341.000 euros para a mellora do CEIP Ben Cho Shey no Pereiro de Aguiar

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou as obras de instalación das fiestras do edificio orixinal e as obras de cubrición da pista polideportiva

Visita do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, ao CEIP Ben Cho Shey.

 

Na mañá deste martes 23 de novembro, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, achegábase ata o CEIP Ben Cho Sey do Pereiro de Aguiar para supervisar xunto ao alcalde, Luís Menor, as obras de instalación das fiestras da fachada noroeste do edificio e as obras de cubrición da pista polideportiva nas que a Consellería de Educación, Cultura e Universidade inviste 48.292,55 euros, e 292.323,69 euros respectivamente. Así mesmo o delegado territorial anunciou o compromiso da Xunta dunha partida posterior para completar a substitución das fiestras da fachada sudeste.

Gabriel Alén salientou que o Goberno galego inviste en 2021 máis de 389.000 euros neste centro; intervencións, que segundo o delegado territorial, “trátanse de actuacións que promove a Xunta en infraestruturas escolares que apostan por un modelo de centros ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles, saudables e cómodos nos que o alumnado poida estudar, socializar, xogar, facer deporte, en liña coas pautas marcadas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia”.

No resto da provincia, Gabriel Alén tamén subliñou que os novos orzamentos contemplan grandes actuacións educativas como a rehabilitación Integral do CPI Padrenda-Crespos en Padrenda (591.473,97 euros) e a rehabilitación Integral do CEIP Manuel Respino da Rúa (534.357,73 euros).

 

Visita ás obras de mellora no centro escolar.

 

Arquitectura ao servizo dos proxectos educativos

O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia pivota nunha parte académica (con espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital e xeradores de inclusión), nunha parte infraestrutural (con espazos máis amplos, saudables e unha maior integración coa contorna) e nunha parte de sustentabilidade acorde coas novas esixencias de eficiencia enerxética e respecto medioambiental.

No que atinxe ás infraestruturas propiamente ditas, as novas reformas, acondicionamentos e construcións seguirán unhas pautas construtivas homoxéneas, cunha identidade corporativa específica, aínda que axustada ás contornas nas que se inxiren, sexan do ámbito rural ou urbano.

 

Artigos relacionados

Back to top button