OurenseÚltima hora

Preto de 400 nadadores daranse cita este sábado no Trofeo Pedro Escudero

O torneo, que celebra a 45ª edición, desenvolverase nunha soa xornada con dúas desións
Presentación do 45º Trofeo Pedro Escudero de natación, en Ourense.
Presentación do 45º Trofeo Pedro Escudero de natación, en Ourense.

A piscina olímpica María Dueñas do Pavillón dos Remedios de Ourense acollerá este sábado 11 de xuño, a 45ª edición do Trofeo Pedro Escudero de natación, coa presenza de preto de 400 nadadores de 23 clubes de Galicia e de Asturias, unha cifra que supera as expectativas da propia organización, o Club Natación Pabellón Ourense (CNPO) en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, e cuxa presentación tiña lugar na mañá do 8 de xuño.

O torneo desenvolverase nunha soa xornada con dúas sesións, desde as 10 horas pola mañá, e a partires das 17 horas pola tarde, para un total de 30 probas (15 masculinas e 15 femininas) con medallas e premios en metálico para os tres primeiros clasificados. A novidade desta edición, segundo explicou Santi Escudero, fillo de Pedro Escudero e integrante do CNPO “é a modificación do sistema de competición: trátase de non alongar a competición e conseguir máis fluidez tanto para as probas como para os espectadores”. Así, o ránking establecerase pola suma dos puntos FINA (comparar as marcas dos nadadores cunhas marcas de referencia establecidas pola Federación Internacional de Natación, de forma que as marcas de máis calidade reciben unha puntuación máis alta).

As probas, de estilo libre, mariposa, espalda, braza e estilos, nadaranse por sistema contrarreloxo. E o límite será de catro series para as distancias de 50, 100 e 200 metros, e de dous series para as de 400.

Entre os asistentes a esta competición de renome na cidade de Ouense, figuran nadadores de nivel como os ourensáns Laura Pimentel, Marc Ciurana ou Ane de la Fuente, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button