SanidadeÚltima hora

Preto de 5.000 positivos detectados nos máis de 50.000 test realizados na provincia dende o Nadal

Preto de dez de cada cen probas son positivas de media en Ourense con maior taxa de positividade en Verín seguido de Valdeorras

 

Desde a súa posta en marcha o 23 de decembro, os cribados realizados nos puntos fixos de Ourense, O Barco de Valdeorras e Verín  realizaron máis de 50.000 test diagnósticos e conseguiron detectar, ata o pasado venres, 18 de febreiro, 4.840 casos activos de Covid, segundo informan dende a Consellería de Sanidade.

Ao longo destes dous meses escasos a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras mobilizou a un equipo de profesionais no que chegaron a participar ata 17 enfermeiras, 16 técnicos de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) e 9 técnicos de laboratorio, ademais de numeroso persoal administrativo, de admisión, de sistemas da información, ofimática, loxística e recursos materiais, para atender os tres puntos fixos e  outros tantos itinerantes, que percorreron todas as cabeceiras de comarca.

Cribados permanentes e itinerantes

Os puntos de cribado de acceso libre de Ourense, no Espazo Xove; de Verín, no Covid Auto do Hospital Público; e no Barco, na área de rehabilitación do hospital de Valdeorras tiveron picos de altísima afluencia, nas datas próximas aos festivos de Nadal e nas semanas inmediatamente posteriores, con máis de 1.500 test nun día, no Espazo Xove e  e de mais de 400 nos outros dous.

Nos puntos fixos realizáronse 28.382 test no Espazo Xove de Ourense, deles 1.855 na estación de tren, e detectáronse 2.725 casos. Unha porcentaxe de positividade do 9,8%. Moi inferior á que se ven detectando en Verín, con 5.697 probas realizadas e delas o 14,3% positivas, 819 ata o pasado venres. Nun punto medio, dez de cada cen das 10.340 probas realizadas en Valdeorras foron positivas, en concreto 1.059 (10,2%).

Xunto a eles, desde xaneiro ata o pasado día 9, realizáronse 6.189 test nos cribados itinerantes con caracter comarcal e autocita, no Carballiño, Xinzo de Limia, Allariz, 0,2%, Ribadavia, Celanova, Coles, A Pobra de Trives, Maceda, Castro Caldelas, Viana do Bolo e Bande, que se repetiron periódicamente en función da demanda e nos que se detectaron 265 casos positivos. 

Ademais das probas que se veñen realizando por medio dos cribados, Ourense mantén unha intensa actividade diagnóstica desde todos os centros de saúde, Puntos de Atención Continuada e nos tres hospitais públicos, o que a convirtren na Área Sanitaria que realiza un maior número de probas diagnósticas de Galicia. 

En concreto nos últimos sete días realizáronse 11.016 probas diagnósticas, delas 6.421 PCR, e 4.595 test de antíxenos, en ambos casis a cifra máis alta por área e proba. Onte sábado 19, foron 707 PCR e 447 antíxenos, cunha positividade, respectivamente do 9,05% e do 7,38%.

Artigos relacionados

Back to top button