En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 500 persoas na cea do Carnavrao de San Cristóbal, na Rúa

A xuntanza gastronómica na rúa Doutor Vila foi organizada pola Asociación Sociocultural San Cristóbal

Un éxito. A I cea popular do Carnavrao de San Cristóbal reunía na noite do 6 de xullo a preto de 500 persoas ao longo da rúa Doutor Vila, superando as expectativas da organización.

Despois da presentación da Asociación Sociocultural San Cristóbal da Rúa, no Centro Cultural Avenida, os veciños de todas as idades desprazábanse ata a céntrica rúa da Estación para asistir á primeira edición da xuntanza gastronómica nacida co obxectivo, entre outros, de reunir á poboación en torno á recuperación das tradicionais Festas de San Cristóbal.

Nun rúa engalanada e iluminada para a ocasión instalaron unha gran mesa corrida na que se ían sentando os comensais para dar conta do menú elaborado e servido por Mantesil (entremeses, empanada, costela asada,…). A vía enchíase así de xente disposta a cear e sobre todo pasalo ben nunha noite que continuaba co sorteo de 600 euros e a música de DJ Danzalia e DJ CIRI.

Hoxe pola tarde (19:30h.), terá lugar o prato forte do Carnavrao 2018: o desfile de comparsas e disfraces dende a Cooperativa.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button