DeportesÚltima hora

Preto de 70 inscritos no I Enduro Extremo da Rúa que se celebrará este domingo

Entre os endureiros participantes está Diego Teixeira, de Rúa Motor, que competirá en 4t

Participante na proba de enduro celebrada no mes de xuño na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Rúa vivirá este domingo 1 de decembro unha intensa xornada de enduro. A I Xtrem de Valdeorras, puntuable para o Trofeo Luso-Galaico Hard Enduro, celebrarase en horario de mañá e de tarde. “Ás 8h. comezarase coa entrega de dorsais e o primeiro piloto sairá en torno ás 10h. O final está previsto para as cinco da tarde coa entrega de premios”, adianta Ramiro Folla de Rúa Motor, un dos organizadores. El mesmo explica que a crono test desenvolverase no entorno da Adega Cooperativa Virxe das Viñas mentres que o circuíto discorrerá por Fontei, Vilela, San Xulián e Somoza. “Os participantes nas categorías pro e expert darán dúas voltas mentres que o resto de endureiros darán unha”, puntualiza Ramiro.

A carreira, con premios para as diferentes categorías (pro, expert, 2t, 4t, parellas e veteranos) celebrarase o domingo, pero o sábado pola noite haberá unha cea para os inscritos e acompañantes nun recinto enfronte da cooperativa, na rúa Campogrande, onde estará tamén o parque pechado.

 

 

As inscricións péchanse esta noite, contando ata o momento con 65 participantes entre os que se encontran varios edureiros da comarca: do Motoclub Rúa Motor Valdeorras (Diego Teixeira en 4t, Sindo Marcos en 2t,…) e tamén de Valdecoedo, entre outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button