DeportesKárateÚltima hora

Preto de 700 deportistas participan esta fin de semana no nacional infantil de Karate, en Ourense

O representante do KC River Stone do Barco de Valdeorras, Nazan Barreda, competía hoxe en alevín

 

Dende hoxe, venres 16 e ata o domingo 18 de abril, a cidade de Ourense convértese na capital nacional do karate infantil.

O campionato de España, no que participarán ao longo da fin de semana preto de 700 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil (dende os 7 ata os 13 anos) de toda España, celébrase no Pavillón Municipal dos Remedios baixo un riguroso protocolo de seguridade anticovid.

Polo Karate Club River Stone do Barco de Valdeorras participaba Nazan Barreda en kata alevín, a primeira categoría en participar, na xornada deste venres. Unha horas antes da proba aseguraba estar un pouco nervioso vendo o alto nivel da competición pero así e todo daría todo o que pudera, e así o facía, logrando un bo traballo aínda que caía na segunda ronda. Tal como explican dende o club barquense, Nazan fixo a primeira kata moi ben e pasou á seguinte ronda entre os primeiros pero aí quedaba fóra. “Fixo un moi bo campionato e aínda que non logrou pasar de ronda, este ano dadas as circuntancias bastante fixo con estar aí entre os mellores de España”, di Raquel, asegurando que esta foi unha boa experiencia da que de seguro aprendeu moito para o futuro “estando en contacto cos seleccionadores galegos e vendo como se desenvolve un campionato de España e por riba en Ourense”.

Axundando na organización deste destacado evento deportivo que reúne á elite nacional do karate infantili na cidade das Burgas, tamén están o responsable do River Stone Nicolás Rodríguez e os irmáns Herrero Valcarce, os valdeorreses Juan e Lucía, dúas referencias do karate galego.

 

O árbitro Serafín Pita e o responsable do KC River Stone, Nicolás Rodríguez.

 

Fotos: RFEK

Artigos relacionados

Back to top button