ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 800 persoas despiden a Coresma no Bolo

A multitudinaria Festa da Vitela celébrabase no mediodía do 31 de marzo

Máis de 750 comensais; 24 camareiros; 220 quilos de androllas, 150 de chourizos, 260 de vitela e 180 de lacón; roscóns; e viño A Rúa. Son as cifras da XI edición da Festa da Vitela coa que O Bolo despedía a Coresma e o mes.

A cita gastronómica tiña lugar no mediodía do Sábado Santo, 31 de marzo, no pavillón de O Bolo e entre os asistentes puderon verse veciños dos numerosos pobos que forman o municipio bolés pero tamén xentes doutras localidades como Viana do Bolo, O Barco, A Rúa e mesmo doutras provincias como A Coruña. Entre os convidados polo propio alcalde, Manuel Corzo, había representantes políticos como o alcalde da Veiga, Juan Anta, a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González e senador Avelino García, entre outros, ademais da corporación do concello anfitrión.

Coma sempre, o xantar foi elaborado in situ polo Restaurante III do Barco e o apartado musical correu por conta da charanga Novas Terras de Trives que co seu animado repertorio puxo ritmo á xuntanza.

Despois do xantar, moita xente remataba a xornada tomando un café ou unha copa no restaurante Volobriga.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button